martes, 23 de noviembre de 2010

As barcas do Miño

Chamoume poderosamente a atencion esta carta da que cortei un anaco para podela reproducir aquí. Trátase dun mapa feito no ano 1790 titulado "Plan y prespeytiba de la situación de las Aduanas y Fielatos que se hallaban comprendidos en las provincias del Reyno de Galicia, Orense y Tuy, quedando señalados de encarnado y los caminos de amarillo".
Cando vexo mapas antigos de Galicia poucas cousas novas aportan, pero este trae marcadas as barcas, e dicir a situación aproximada dos sitios onde había barqueiro para poder cruzar os ríos, e incluso cos seus nomes.
Está descargada da colección Imago Hispaniae do Arquivo Xeral de Simancas, pertencente ó Ministerio de Cultura, e á que podedes acceder premendo aquí.
Se vos pica moito a curiosidade, podedes ver boas coleccións de mapas antigos online, onde perder o tempo, se é que o tedes, ou simplemente pasar un bó rato vendo como retrataban a nosa rexión anos atrás. De entre todas destaco os Fondos de la Biblioteca Nacinal de España ou a fabulosa Ryhiner Collection ubicada en Suiza e na que de seguro pasaredes un bó rato.


1 comentario:

  1. Hai todo un mundo tras as barcas e barcos de pasaxe no Miño, seria interesante achar algunha fotografía da barca de Arnoia-Ribadavia, que comunicaba ata fai ben pouco ambas beiras.

    ResponderEliminar