Supoño que saberedes que ás veces publicamos documentos en formato pdf, e para podelos visionar no blog, hai que subilos a algún servidor que soporte este tipo de arquivos. O caso é que cando empezamos, poucas opcións tiñamos, e eliximos á empresa norteamericana Scribd para aloxalos.
Resulta que dende fai máis dun mes, esta empresa está a mudar de política, e agora só permite a visualización dos documentos, mentres que si o que se quere é descargalos, hai que lles pagar.
Caúsame grande sorpresa este cambio que fan sen informar previamente ós usuarios, e máxime cando a nosa filosofía é a de compartir con vosco gratuitamente todas estas cousas. De cobrarlle a alguén, deberían de cobrarme a min, por utilizar os seus servidores.
Por este motivo, vou a ir cambiando ós poucos tódolos documentos de Scribd a Google Docs, que xa soporta arquivos pdf, e polo de agora permite a descarga gratuita.
Tede paciencia se nalgún momento houbera problemas cós enlaces, pero penso que valdrá a pena.
É tamén posible que os elimine definitivamente de Scribd, xa que ninguén ten que pagar cando os pode descargar gratuitamente doutro sitio. O único que perderemos serán as estadísticas, como as 1000 lecturas que leva xa o entrañable artigo "Tío Benito" escrito por Paula Bouzas, e que xa podedes consultar en Google Docs pinchando aquí.

A HISTORIA E ENTRAÑABLE. POR FAVOR, NON CONVERTAS ESTO NUN BLOG DE MEMORIA HISTORICA DA GUERRA CIVIL. QUE LOGO ENVIAREMOS SUICESOS DE MONXAS E CURAS ASASINADOS ANOS ANTES E ACABAREMOS TODOS ENFADADOS. NON IRES POR AHI XULIO.... QUE ESTO NON LEVA A NADA...LEE A ISTORIA DOS ANOS 30...
ResponderEliminarUN AMIGO
Para nada é esa a miña intención. Só pretendo amosar, como indico na benvida do blog, fotos,documentos e curiosidades da recente historia de Ribadavia.
ResponderEliminarComo vostede saberá, trato de publicar todas as cousas que me envían, moitas delas grazas ó esforzo de xente que apenas coñezo, e por suposto tratando esas pequena xoias familiares con moito cariño, e coa maior delicadeza posible.
Perda coidado, que lle aseguro que os tiros non van por aí.
E bonito saber a istoria dos nosos conveciños. cada unha ten as suas circunstacias e explicase da forma en que se viviu ou foi contada ou investigaada. de todo temos que aprender para mellorar. gustame o blog. Benito.
ResponderEliminarpareceme que o comentario feito en pdf e unha boa forma de amosarlle a xente de Ribadavia a sua historia e a dos seus devanceiros. Por moito que alguns pensen que isto leva a dexenerar as cousas.
ResponderEliminarDe todos modos pareceume un documento correcto.