Envíame Francisco Couto esta entrañable foto sacada por el no ano 1963 , onde aparece a súa nai, Antonia Gulín sentada nun banco, que non son quen de localizar, acompañando a unha anciá da cal descoñece o nome.
El e máis eu esperabamos que algún de vós lle puxera nome a esa velliña de aspecto calmo que cruza as mas sobre as súas pernas. Pero o que son as cousas, xa non fai falta que a identifiquedes. Era veciña nosa na Praza Maior, e non é outra que Lola Touza, protagonista xunto coas súas irmás Julia e Amparo desa fermosa historia de protección e salvamento de xudeos ó traverso da raia con Portugal, e pola que recibiron unha grande honaxe fai ben pouco.
Quizás esta foto inédita sexa unha das últimas fotos que lle sacaron.

Claro que xa sei quen é. Pois resulta que é parenta miña por parte de meu pai: Francisco Couto Touza.
ResponderEliminar¿Podrían estar en la estación del ferrocarril, sentadas junto a la tapia de piedra que cubre la vegetación? Pregunto.Saludos para Julio.
ResponderEliminar