lunes, 29 de noviembre de 2010

Unha relixiosa da vila

A primeira impresión que tiven ó mirar esta foto transportoume ós anos da miña nenez, cando unha chea de rapaces iamos subindo moi despaciño polas escaleiras do Portal cara ó parvulario que no hospital de S. Domingos tiñan as monxas Franciscanas.
Un dos meus pensamentos foi deseguido para a irmá Úrsula, a que lle collín moito aprecio, pero enseguida decateime que non era ela a da foto, a pesares de levar un hábito da mesma orde.
Francisco Couto que é quen ma envía, conta que a relixiosa retratada non sabe como se chama, aínda que sabe que era da familia da súa tía Zoila, viúva de Francisco Gulín, irmán da súa nai. Parece ser que sempre estivo en "misións" en Venezuela, e que cando lle fixo a foto no mes de Septembro do 1963 debía de estar pasando uns días coa familia.
Esperemos que alguén sexa quen de aportar o seu nome ou algún dato sobre ela.



2 comentarios:

  1. É irmá de Zoila. Creo que o nome era Antonia antes de ser monxa. Logo profesa co nome de Sor Carmen. Ten outra irmá chamada Amparo.
    Un saúdo. Benito.

    ResponderEliminar
  2. Sí. É irmá da Zoila, de Maruja e de Amparo e chámase Toñita.
    Leva moitísimos anos de monxa en Venezuela.
    Saúdos

    ResponderEliminar