lunes, 1 de noviembre de 2010

¿Será a Veronza?

Esta foto forma parte dalguhas imáxes que me enviou fai tempo o noso amigo de "Ourense no Tempo" , e teredes que perdoarme se vós digo que xa non me lembro de que libro as sacou.
O caso é queno seu envío aparecen varias tomas dende a Ponte de San Francisco, e algunhas outras das pontes do Avia, e esta dunha presa, que se non me equivoco me parece que é a da Veronza.
O único que me ten descolocado é esa casiña que hai a esquerda, e que me fai dubidar, xa que a ausencia das árbores da ribeira podería ser normal, o que tamén e certo é que eu non coñecín esta paisaxe a finais dos anos corenta ou a principios dos cincoenta, que é de cando debe datar a foto.
Se tedes algunha idea xa sabedes onde estamos.



1 comentario:

  1. Nin o remate do rio, ni a casa coindidindo con as datas que supoñes, nin o estilo de monte do fondo.
    Eu penso que non é.
    Benito

    ResponderEliminar