viernes, 25 de marzo de 2011

Película da vila do ano 1929

Queimábame nas mans esta pequena película, que según me contan data do ano 1929. Recibina por mail fai aproximadamente unha semán, sin que a acompañase ningún tipo de información sobre a súa orixe, e sobre os seus autores.
Non esperdes moito dela xa que só dura uns cantos segundos. A mágoa é que non tivese máis metraxe, para poder contemplar como era a vila nesa época, dato que por outra parte, coma vos dixen antes, non podo certificar, xa que o único que a acompañaba era o título de "Ribadavia 1929".
Tratei de acadar información sobre ela, pero polo de agora non sei nada. Si recibise algunha nova máis, vola achegaría inmediatamente.
Non sei si algún de vós tiña noticias da súa existencia, ou xa a visionara antes, pero eu ata o de agora a descoñecía, polo que esta pequena xoia foi para min unha grande sorpresa que quero compartir inmediatamente con todos vós..
Contén algún erro, como o de mesturar imaxes da igrexa de San Xoán e a de Santiago, detalle de mínima importancia, que pódenos inducir a pensar que o que fixo a montaxe non era da vila. Nesta captura que fixen, apréciase claramente que eses nenos están sentados diante da porta de de Santiago, e non da de San Xoan.
Fixádevos tamén como era o tímpano da porta da igrexa de San Xoán, daquela tiña un dintel debaixo do arco.
Só me resta darlle as grazas a Manuel Iglesias por este fermoso aporte, e que a disfrutedes.




3 comentarios:

  1. Julio, èche un fragmento dunha longametraxe que fai un percorrido por toda Galicia, dende os Ancares ata A guarda. Ese anaco è todo o que hai de Ribadavia nese film de 1929 (ou 27? creo ..). un saùdo
    Pepe Lui

    ResponderEliminar
  2. Gracias, Manuel Iglesias, non sabía eu da existencia destas imaxes. E realmente conmovedor.
    Premio a quen lle poña nome ás mulleres que saen na praza de San Xoán.
    AMil

    ResponderEliminar
  3. As mulleres efectivamente estan na igrexa de Santiago. Penso que sei que é a morena máis vella.
    Na igrexa de S. Xoan parece pechada a porta de acceso exterior ó campanario. Notase na edificacion actual o arreglo tras retiralo dintel, moi selmellante ó de Samtiago pero sin timpano de certo, nesta outra o timpano é calado sinxelamente. Porbablemente este dintel no foi orixinal.
    Saúdos para Xulio.

    ResponderEliminar