lunes, 4 de abril de 2011

Unha comida dos músicos da Lira

Xa me esquecera desta foto que formaba parte da entrega de Juan González Canedo. Tesme que perdoar Juan, pero é que co lío que ás veces teño coas fotos, algunha sempre se me escapa.
Como podedes ver son algúns dos compoñentes da Lira, que estaban de celebración alá polos anos sesenta. Eu só recoñezo a un sorrinte Carballal, a un moi xoven Celso "O Queixeiro" de garabata á dereita de todo, e a un Jesús Freijido situado en primeiro plano abaixo á dereita, que aparece comade esguello.
Ós demais os confundo e non quero adiantar os seus nomes, como é o caso do que está ó lado do Celso, que me parece que tocaba a caixa.¡E moi ben por certo!. Sempre me chamou a atención a facilidade que tiña para os redobres. Sobre todo cando nas procesións os tiña que facer moi baixiños. Con que suavidade lle daba.
Non quero rematar sen que me digades o nome do camareiro que aparece diante. De sobras coñecido por todos nós, e do que non lembro tampouco o nome. Farto de velo pola vila, tiña ese punto de seriedade e de elegancia silenciosa que teñen os bós profesionais.




1 comentario:

  1. O que está no meio do Carballal e o Celso penso que é o "paciencias" de Quins. Non me lembro do seu nome, de fieto moita xente soio o coñecía por ese nome

    ResponderEliminar