miércoles, 25 de mayo de 2011

De Primeira Comunión

Eu sonvos ás veces un liante, e terédesme que perdoar si a entrada de hoxe vai un pouco revolta, xa que vou a mesturar varias cousas aproveitando esta foto que me envía Francisco Couto, e que estaba en poder dos seus pais, polo que pensa que se trate de fillas de amigos ou familiares de Ribadavia.
En primeiro lugar, esta foto é perfecta para este mes de Maio, que é cando moitos rapaces celebran a súa Primeira Comunión, co nerviosismo que eso supón sobre todo para as nais, e tamén para os petos das familias nesta época de crise.
En segundo lugar, e que ninguén se me enfade, esta foto me lembra moitísimo, salvando as distancias por suposto, a unha foto moi coñecida do gran fotógrafo Ricard Terré. Eu non creo que o seu autor cando a sacou, coñecese a de Terré, pero se vos fixades un pouco, ten unha certa similitude xa que a rapaza que aparece do lado esquerdo tamén é, ou esa é a miña impresión, un pouco estrábica.
E en terceiro lugar, e xa que estamos a falar de Terré, informarvos que ata o día 30 de Outubro estará aberta a exposición "Ricard Terré. Obras Maestras" na sé da Fundación Barrié en Vigo, na rúa Policarpo Sanz nº 31. Nela poderedes ver 121 obras deste catalán afincado en Vigo.
Se vos cadra pasar por alí, non vola perdades.



1 comentario:

  1. pude que esa niña sea marisol gulin hija de benito gulin

    ResponderEliminar