martes, 27 de octubre de 2009

O grupo escolar

Aquí estudiei tres cursos, tres fermosos anos dos que teño moi bós recordos. Penso que comencei en 2º pola clase de D.Pepe, despois veu 3º na clase de D. Pedro Toimil, e por último 4º con D. Delfín, antes de entrar no Instituto con dez anos.
As miñas vivencias dende os sete ós nove anos teñen moito que ver con este edificio, e incluso máis, xa que seguín asistindo entre as súas paredes ás pasantías de D. Antonio Cerecedo e D. Juan Rivela, como moitos rapaces da miña idade.Dos primeiros anos lembro especialmente as estufas de leña situadas no medio das aulas, a enciclopedia Álvarez, e o leite en pó que facían nos baños no recreo.
Pero hoxe non vós vou a falar dos meus recordos, iso deixámolo para outro día, hoxe o protagonista é o edificio en si, do que poño un plano que xentilmente me envía Rafa Salgado. Xa sabedes o de "Ourense no Tempo".
O plano está sacado do libro "Avance de la provincia de Orense 1923-1929", pero o que aínda non sei é en que ano se inaugurou. Sei que cara ó ano 25 o Delegado Gubernativo Sr. Rincón fai xestións na vila para que a alcaldía ceda os terreos para o Grupo, así como tamén se interesa polos costes dos materiais e os prezos da man de obra na nosa bisbarra.
Si teño unha noticia publicada en Xaneiro do ano 1928 que mostra que nese ano se estaba a piques de comenzar a construcción, e que vós transcribo a continuación:

"En breve quedará terminado por la oficina técnica de construcciones escolares el proyecto de construcción de un grupo escolar en Ribadavia.
Así lo comunica en atento besalamano el ministro de Instrucción Pública D. Eduardo Callejo a su compañero el de Hacienda D. José Calvo Sotelo.
La actividad que en el negociado correspondiente se viene imprimiendo a tan importante como ansiada mejora nos hace ver bien de cerca la realización de uno de nuestros más legítimos afanes.
En la villa ha causado la anterior noticia el júbilo que es de suponer, si se tiene en cuenta que los edificios destinados en la actualidad a la enseñanza pireden a primera vista el carácter de tales , para mostrársenos con una realidad escalofriante, en verdaderos antros, en perfectas pocilgas, donde ni el Sol en los días de plena canícula consigue penetrar para purificar aquel ambiente de cloaca en que se educan cientos de criaturas inocentes".



No hay comentarios:

Publicar un comentario