jueves, 22 de octubre de 2009

Quince años tiene mi amooooor

Nesta foto da colección de D. Antonio Chao vemos un coche, e dubido se é un Citroen Ds, daqueles que se chamaban "Tiburón" ou un Seat 1500. O caso é que está no medio da Praza de San Xoan, rodeado dunha morea de xente xoven. Pero se vós fixades ben, a maioría pertencen ó xénero feminino, e se lles vé un pouco alteradas.
Este estado de, poderiamos dicir, histeria colectiva é debido a que dentro do coche van Manuel de la Calva e Ramón Arcusa, os compoñentes do Dúo Dinámico.
Eu non volo podo asegurar, xa que o reflexo dos cristais do automóbil fan que non os poidamos ver, pero me contan que si, que estaban alí.
Non sei en que ano sucedeu esta manifestación espontánea das fans ribadavienses, pero a min debeume de pillar moi pequeno, xa que non me lembro de nada disto. Sería a principios da década dos sesenta cando estaba de moda aquela canción de " Quince. Quince. Años. Años, tiene mi amooooor".

1 comentario:

  1. Julio, non é nin un Seat 1500 nin un Tiburón (Citroën DS 19), xa que o perfil que sae por riba do faro hacia atras pola aleta non corresponde a ningún dos dous.

    Álvaro

    ResponderEliminar