sábado, 24 de abril de 2010

A Porta Nova

Xa non lembraba con moita precisión de onde saíra esta foto, pero despois de darlle unha voltas, teño a seguridade de que ma enviou o noso amigo Rafa Salgado de "Ourense no Tempo" e se non me trabuco podería estar sacada dun libro titulado "25 anos de paz baixo o mandato de Franco".
A foto penso que data da década de 1950, xa que o libro publicouse no ano 1957, e podemos aproveitala para ver os cambios sufridos pola Porta Nova nestes anos, incluindo a iluminacion nocturna que como podedes ver limitábase a un prato cunha bombilla pendurada dun cable.

2 comentarios:

  1. Preciosa fotografía da Porta Nova, también llamada Puerta de Celanova en la documentación, que nos trae al recuerdo la casa de "Los Serroncos" hoy desaparecida.Los "25 Años de paz"si las cuentas no fallan, se celebraron en 1964.Saludos para Julio.

    ResponderEliminar
  2. Pois tes toda a razón. A verdade é que eu non botei as contas, e fieime do mail que me enviaron, no que falaban desas datas.
    Grazas pola súa anotación.

    ResponderEliminar