jueves, 7 de octubre de 2010

Dándolle á prensa

Un foto ben fermosa dunha das tarefas das que vimos falando, e que xa case non se ven polas rúas da vila.
Supoño que vós daredes conta se quen son e onde están. Efectivamente o que lle está a dar á prensa e Julio Neira, "O Mexicano" que xa apareceu varias veces nestas páxinas. Ós demais non os coñezo, pero de seguro que vós si, e deixaredes algunha información cós vosos comentarios.
A foto que debe de ser de finais dos anos 60, está feita nos soportais da praza de García Boente, nos que tiña a tenda o Leopoldo, o municipal, e a súa muller Julia, que é esa porta metálica que se ve xusto detrás.
Supoño que un dos protagonistas é o dono da prensa itinerante, que como podedes ver leva rodas para poder levala dun sitio a outro, alí onde necesitasen dos seus servicios.


1 comentario:

  1. O neno e o pai, que é o que ten ó seu lado son o Josiño e o Luis, do bar Orellas, o outro señor non sei que é.
    FJB

    ResponderEliminar