Supoño que sabedes que o famoso aviador Piñeiro, que era natural de Sanxenxo, veu dar unha exhibición á nosa vila.
Segundo o xornal"El Heraldo Militar" do día 14 de Xullo de 1913, o aviador Piñeiro voou sobre a vila elevándose a máis de 5000 metros. Numeroso público chegado da capital en varios trens presenciou as súas evolucións.Piñeiro estivo dezasete minutos voando, saudando co seu pano branco á concurrencia que o aplaudía, pero debido as pésimas condicións do campo de aterraxe, en extremo reducido, faltoulle terreo para aterrar, polo que tratou de remontar de novo o voo, indo a parar a unhas parras cercanas.
O aviador saiu ileso mentres o aparello sufriu desperfectos de consideración.
Penso, polo que me contou meu avó, que o campo de aterraxe estaba situado á beira do Avia en San Cristobo, e que foi todo un acontecemento que quedou gravado nas retinas de tódolos que tiveron a sorte de presencialo.
A foto que teño e de moi mala calidade, pero reflicte o momento no que o público arremuíñase ó redor do avión siniestrado. Escoitei tamén falar de que na vila hai fotos mellores deste suceso, pero eu non fun capaz de atopalas.
Ese xornal tamén fala de que ese mesmo día, pola tardiña declarouse un gran incendio nun aserradoiro de madeira a carón da estación do ferrocarril, cuios danos se valoraron en 6000 pesos.
Poñovos tamén un pequeno video que narra as andanzas deste galego pioneiro do aire.
No hay comentarios:
Publicar un comentario