jueves, 15 de septiembre de 2011

Esforzo

Na entrada anterior alguén deixou un comentario falando de que lle estrañaba moito que os porteadores da Virxe fosen mulleres.
Eu penso que non é así, que son homes. Os porteadores na foto anterior non se ven. Están ocultos por unha das ringleiras de mulleres que van na procesión.
Nesta foto que poñemos hoxe, podémolo ver máis claro. É tamén de Francisco Couto, e da mesma procesión do ano 1963. A comitiva xa vai de retirada subindo pola costa que hai diante do Castelo, e os porteadores son homes. E se nos fixamos ben na faciana do protagonista da foto -do que descoñezo o nome- notaremos o esforzo e cansancio do seu labor.


1 comentario:

  1. O que está no primeiro plano é Braulio, fillo de miña tía Elvira. Actualmente vive en Francelos.
    Tamen sale na foto titulada Na Alaxancha, publicada neste blog o venres 27 de maio de 2011.
    Ao "compañeiro de carga" non o coñezo.

    ResponderEliminar