miércoles, 28 de septiembre de 2011

A procesión

Vaise indo o mes de Setembro, e con esta foto de Francisco Couto, da procesión da Virxe do Portal do ano 1963, rematamos esta pequena serie adicada ás festas patronais da vila.
Coma sempre, eu non vos son quen de recoñecer os que aparecen nela, pero supoño que vós si. Un xa é coñecido. No comentario da foto anterior Couto dí, que o que vai portando á Virxe, de traxe escuro na parte de atrás é Braulio Gulín, parente del, e supoño que un dos motivos pola que tirou a foto.
Unha das mulleres que aparece na foto, vai descalza, e tampouco sei si ese costume, o de ofrecerse a facer o percorrido dese xeito, se segue a facer agora.
Outra das cousas que se ven na foto, e por iso vos poño unha ampliación, e que na beirarúa, diante da porta do Castelo, hai un carriño de xeados atendido por unha muller. ¿Podería ser do "Heladero"?, o que tiña o seu establecemento a rentes do Club Artístico. Eu ben me lembro deles, del, da súa dona e dos seus fillos. Moito xeado, moitas pipas e moitas lambetadas consumimos alí. E moitos portes de uvas lle fixo ó meu avó nas vendimas co seu camión. Pero o que non lembro é ¿como se chamaba a xeladería?



2 comentarios:

  1. " Helados La Maravilla " era o nome.

    A muller que atende o carriño dos xeados é Digna dona do " Heladero ".
    A esquerda da foto cun pano negro " A Caroliniña".

    ResponderEliminar
  2. Diante á esquerda vai Joaquín Carballal, fillo do follalateiro que xa saíu nalgunha foto da túa blog. O Braulio que sae na foto apellídase Moroño Gulín, vive en Francelos. Ambos son cuñados, pois Carballal está casado cunha irmá de Braulio.

    ResponderEliminar