miércoles, 14 de marzo de 2012

O Castelo por Canda

Outra nova postal desas da colección de  "Ribadavia que es el pueblo",  que nos aporta unha visión un tanto diferente das que estabamos acostumados a ver. Normalmente as postais desta época sempre nos ensinaban o Castelo dende o alto, a vista de paxaro, xa que os fotógrafos, a falta de aparellos voadores moi raros na Galicia daquel tempo, buscaban a elevación da explanada do convento de San  Domingos para capturar as imaxes.
Nesta foto semella  como se o autor deixara un pouco de lado a espectacularidade do monumento, e se centrara un pouco máis  no día a día da vila, amosándonos, case que vista de rá, as edificacións que estaban adosadas ás murallas, e ós veciños que por alí paseaban e facían a súa vida.
Por certo, fixádevos canta hedra nos muros. Agora, e dende fai algúns anos, límpanse, pero eu sempre os lembrei dese xeito. Tamén podemos ver como existía esa ventá á esquerda da cheminea,  que lamentablemente se perdeu.
Un interesante documento de principios do SXX que eu non coñecía.
 

1 comentario:

  1. O edificio da exqerda,de tellado curvo e o Salon Teatro.Inagurouse dia 3 de setembro de 1912.Foi derribado despois das festas do Portal de 1931apmein.

    ResponderEliminar