lunes, 12 de marzo de 2012

O altar en cor

Fai case un ano que publicamos unha foto remitida por Lolín Lira na que se nos amosaba como era o altar maior da igrexa de San Domingos, e que desgraciadamente se botou, ou mellor dito, o botaron a perder no ano 1960. O retablo que alí había era obra de Francisco de Castro Canseco, e naquela entrada podedes ler o que lle pasou.
O caso é que dando voltas pola Rede, atopei esta postal que ten a peculiaridade de que está feita en cores. Non creo que se conserven moitas fotos deste estilo, e penso que deberon de sacala pouco antes de que o desmontasen, xa que a técnica da cor non estaba moi extendida.
Si comparamos as dúas fotos, notaremos como cambia  esa cerca ou valado que separa o altar dos fieis. Non sei cal sería máis do voso gusto, pero este metálico, de forxa, me parece que sinala ben ás claras por onde ían os tiros e os gustos da época.
Non me sorprende que o derramasen todo.




1 comentario:

  1. Magoa de altar, aunque tamen Magoa dos ventanais góticos sellados polo barroco. Hai quen se acorda de tira elle pedras ás vidrieras para obtén os cristais

    ResponderEliminar