Fai algúns días algún de vós me pedía fotos da barca e dos barqueiros, e contesteille que as que teño son estas, as que xa están publicadas, e co seu tamaño orixinal, e que non tiña ningunha máis.
Xa me gustaría posuir fotos ben grandes destas barca, para poder amplialas e ver con claridade os detalles.
Pero este días pasados atopei en Internet esta outra postal da barca do Miño. A verdade é, que como poderedes comprobar, ten moi baixa resolución, xa que isto é un dos problemas das fotos que se atopan na Rede, e non hai amaño posible para poder mellorala.
Teño que recoñecer tamén que ó levar tanto tempo poñendo fotos, é posible que algunha se poida repetir, pero penso que este non é o caso.
Parece como si a barca chegase ó noso lado do río, ateigada de xente mollada, e digo isto, polos paraugas abertos que se ven a bordo. Como si a foto a fixeran no inverno.
Ou ó mellor estou trabucado, e a sacaron no verán, e o que vemos son quitasoles, que se levaban moito daquela entre as señoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario