domingo, 30 de marzo de 2014

Outro punto de vista

Nos envía Benito Amil esta foto, que nos ilustra sobre unha das partes da vila que aparecen no cadro de Beruete que puxemos na entrada anterior.
A foto seica é dos primeiros anos do século XX, e nela podemos observar con bastante claridade como se desenvolveu esa parte da vila, nos trinta anos que pasaron dende  que se pintou o cadro, alá pola década de 1880, ata  que se sacou esta foto a principios de século.
Como se ve, e sempre pensando en que Beruete puido aportar moitas cousas do seu maxín,  as construccións aumentaron en altura, aínda que se mantén, case en estado ruinoso, esa edificación que aparece no primeiro plano, e que está reforzada con contrafuertes.
Penso que é  moi interesante esta aportación, que eu polo menos non coñecía, xa que se pode ir comparando a foto co cadro. Se vedes cousas interesantes que se nos pasaran a nós, podédelas deixar nos comentarios.
Grazas de novo Benito pola túa dedicación.



4 comentarios:

  1. Julio, eu non sei de cando é esa imaxe, pero o edificio bastante deteriorado que se ve nesta imaxe de Benito Amil, aparece nunha foto datada no 1902 aprox que se atopa no Museo Etnolóxico, en bastente bo estado, e ainda tal como o pintara Beruete, sen mudar nada a sua fisonomía. Isto faime pensar que esta imaxe de Benito Amil é moi posterior, poida que este magnífico, chamémoslle "pazo ou casa fidalga", fose dividido e vendido por partes,e entón pódese entender a sua transformación e cambio de fisonomía.
    Antonio Míguez Amil

    ResponderEliminar
  2. a voltas coa casa, velai vai esta entrada no teu blogue do ano 1925 que fixeches o 11 de Xaneiro de 2012, no que se vé esa casa grande ainda enteiriña. http://1.bp.blogspot.com/-T14Xp0OIhzY/Tw3Y5ZdIA4I/AAAAAAAADi4/1gFxShi7wz0/s1600/ribada+1900.jpg

    ResponderEliminar
  3. Pois teredes razón.
    Eu xa me lío coas datas.
    A foto esta, será entón, algo posterior.
    Moitas veces é moi difícil dar coas datas axeitadas, xa que as fotos non están ben datadas.
    Moitas grazas pola vosa colaboración.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Benquerido curmán:

    A foto que enviéi ao blogue pode ser de entre 1910-1920, segundo me confirman os proveedores da mesma.
    Penso que non hai dubida da relación destes inmobles coa construcción que aparece no cadro de Beruete.
    A casa do meu avó, ten no patio traseiro un arco idéntico ao do cadro (o que no sei e si é o orixinal ou un novo feito na construcción de 1945)
    Antonio, ¿podemos ter acceso a esa foto si acudimos ao Museo?
    Grazas e sáudos.
    Benito Amil.

    ResponderEliminar