Envíame Óscar Escudero esta preciosa foto na que aparece o seu pai, que é o rapaz da dereita, mentres que dos outros dous non sabemos nada. Está sacada no ano 1934, polo que seu pai, Benito Escudero tiña nese momento 14 anos.
Óscar me escribe que nunca se fixara tan detenidamente nas fotos, pero que agora ó velas comenza a facerse preguntas. E sobre esta en particular me fai varios comentarios:
O primeiro é que ¿quen fai a foto?, xa que están no Piñeiral, ¿é outro rapaz ou é un adulto? Se fose outro rapaz, ¿quen tiña cámara daquela?.
Outra cuestión é o da postura que poñen para a foto. Non deben de ter moi claro se van saír nela ou non. Fixádevos que un deles está como encollido para entrar no cadro. Aínda que Óscar pensa que tamén pode ser para que se vexan as súas casas, xa que a do seu avó vese perfectamente, ó igual que o Cine España, e a Igresa da Oliveira.
Por último é de salientar o cariño que estes tres veciños tiñan pola nosa vila, xa que mirade ata onde se foron para sacar unha foto na que saíra a súa querida Ribadavia.
A min só me queda dicirvós que aparte dos rapaces esta foto é unha espectacular vista da vila no ano 34, e non me farto de repetilo, sempre me chama o mesmo a atención, mirade o limpiño e o ben traballado que estaba o monte de Santa Marta. Hai xocalcos con cepas case ata a cima.
Por certo, falando de que se ve tan ben o monte Sta. Marta. ¿Sabe alguén si existen fotos ou documentos de calquer tipo das explotacións mineiras de wolfran que alí había?
Por certo, falando de que se ve tan ben o monte Sta. Marta. ¿Sabe alguén si existen fotos ou documentos de calquer tipo das explotacións mineiras de wolfran que alí había?
Preciosa foto. Que yo sepa entre los amigos de Benito Escudero se encontraban varios Chao. Quizás Emilio o Antonio Chao Rodriguez; o Milucho y Toñito Perez Chao. todos de edades cercanas y los 4 manejaban cámaras de fotos, por su oficio, en esa época. Aunque seguro que habría más gente con cámaras, aunque no muchos.
ResponderEliminarHola compatriotas. Esa foto se la hizo su hermano, Alfredo Escudero. Lo sè porque tengo el negativo. Curiosamente meu pai non tiña esa foto no seu album. Eso quere dicir que a revelou e debeulla dar ò meu tio. Eu tampouco coñecia nin o negativo ¡ata esta mesma tarde! que o atopei entre unha chea deles que conservou.
ResponderEliminarPepe Lui
Al del comentario anterior le sugiero que revele todos los negativos que tiene porque son un tesoro que no debemos perder. Y si puedes dejar a Maquians que publique las fotos sería fantástico para que todos las disfrutemos.
ResponderEliminarPepe Lui deixáchesme gratamente sorprendido, recibe un forte saudo da miña parte e anímote a colaborar có Blog de Julio pois hai que recoñecerlle o seu esforzo. Bicos a todos
ResponderEliminarOscar Escudero