Este restaurante estaba situado á saída da vila pola estrada de Valdepereira, uns metros despois do paso a nivel, máis ou menos enfrente da estación do ferrocarril.
Tiña moita sona de boa cociña, e como podedes ver este grupo que parece que é de bó dente sae bastante contento despois dun xantar.
Eu só recoñezo a Serafín Almuíña que é o que está de terceiro de pé pola esquerda, a César Menacho, que está de branco, de pé á dereita de todo, e que era o propietario do establecemento, á súa esquerda Salustiano Solís, e á súa esquerda "O Chuco"(perdoade, mais non sei nin o seu nome nin os seus apelidos). Dos que estan encollidos só coñezo ó Carballal.
Dos demais, nada de nada, polo que espero os vosos comentarios, xa que a foto non é tan vella.

A comida debe ter que ver con FENOSA, xa que os nombrados e tres mais que está na Foto traballaron para esa empresa. Flanquean a Carballal, Perfecto (ou un irmau) da Arnoia, de pe detras del o Sr. Manolo, tamén da Arnoia, e Luis Estevez. O nome do Chuco era Eleuterio. Tiña un estanco donde lle ibamos a buscar "Caldos" para que fumase don Pepe, o mestre.
ResponderEliminarO que está fumegando (diante da muller),paréceme o pai do Carballal.
ResponderEliminarY la única mujer que sale en la foto es mi madre.
ResponderEliminar