Pero vaiamos por partes. De José González Reyes, máis coñecido como Pepe " O de Correos", teño moi bós recordos, xa que os meus avós paternos viviron durante moitos anos nos Escobetes, xusto ó lado de onde vivía Pepe e a súa familia. Lembro con moito agarimo á súa muller Sagrario, e a algúns dos seus moitos fillos: as xemelgas, Juanín, José, etc. Aparte de traballar na oficina de Correos, de ahí ó seu alcume, foi profesor no Instituto de Ribadavia nos anos 60.
Tamén foi profesor no mesmo centro e nesa época José María Gómez Carballido , era veterinario, e se a memoria non me engana, estaba casado cunha profesora de debuxo que nos deu clase no Instituto, alá polos principios dos anos 70. Lembro que vivían na rúa Merelles Caula, xusto derriba da tenda da "Chucarela", e que tiña dous fillos.
Como a miña zona de acción nos meus primeiros anos xiraba en torno ós Escobetes, Praza Maior e Rúa de Fornos, tamén coñecín a Antonio Chao, que vivía na Praza. Foi un dos grandes empresarios da vila, home moi educado, e que traballou arreo no Padroado do Ensino da vila, creado nos anos cincoenta, para que Ribadavia poidera disfrutar dun centro de ensino medio en condicións, xa que unha das súas meirandes preocupacións, e delo téñovos constancia, era que tódolos rapaces do Ribeiro tiveran acceso á unha boa formación.
Sabedes que unha da súas fillas ten tres blogs maravillosos sobre Ribadavia : "Ribadavia en el cajón de los recuerdos", "La fábrica de los Chao y sus gentes " y "Ribadavia y su gente". Na sección de "Volvo e recomendo" a parte dereita deste blog tedes os enlaces ás súas páxinas.
A profesora de Debuxo casada con Xosé María chámase Concepción Rodríguez Míguez, fai 16 anos que se xubilou coma profesora de Filosofía.
ResponderEliminarA súa filla.Gústame moito o blog.