jueves, 26 de noviembre de 2009

Tarde no río II

Onte a eso das oito da noite abro o meu correo e atopo estoutra foto que me envía Óscar Escudero, xusto cando a entrada de onte estaba xa no aire. Por iso hoxe poño o mesmo título pero engadíndolle o número II, xa que é complementaria da anterior, ou polo menos iso pensamos Óscar e máis eu.
Agora teredes máis facilidade para recoñecer ás persoas que saían na foto anterior a contraluz, aínda que neste grupo aparece máis xente, concretamente, e vós aforro o choio de contar, dezasete. Son dous máis e a maiores con música. Vemos dúas guitarras e unha bandurria.
Óscar me dí que a terceira pola esquerda podería ser a súa tía Concha, e eu penso que coñezo a tres persoas máis: a que ten a bandurria na man podería ser Julita Escudero, o home que está sentado no medio cunha guitarra é Antonio Álvarez , que tiña un almacén de piensos na rúa de San Martiño, enfrente e un pouco máis abaixo do Amil, e ó que se lle daba moi ben o fútbol, e o da dereita de todo, en camisa e con tirantes e Fidel Dávila.
Penso que con esta imaxen xa podemos concretar un pouco a zona onde se sacou a foto. Eu non sei que pensaredes vós, pero a min me parece que está sacada nos Caneiros, tal como dí Mimiá nun comentario onte "un paraiso perdido". Ó que non me atrevo e a poñerlle unha data, a ver si algún de vós o fai.


.

3 comentarios:

  1. Aproveito para animar as persoas que disfrutan do blog de Maquiáns a que se animen a mandarlle fotos scaneadas ó email que ten na páxina, de verdade que é admirable o trato e o tacto que ten con estes temas.Un saudo
    Oscar Escudero

    ResponderEliminar
  2. Nesta foto están ademáis: Carmen Amil (con pamela), Olga Amil(no medio con zapatillas brnacas, Olga Escudero ó seu lado dereito, Manuel Garcia (Coloniales Manuel Garcia Araújo) diante de Fidel Dávila
    B Amil

    ResponderEliminar
  3. El primero por la izquierda es Jose MªPadrón. Y yo diria que esa foto es de finales de los años 40.

    ResponderEliminar