Así de ben engalanado estaba o Cine España para a celebración de este xantar, con mantóns e guirnaldas colgando do teito, pero o que que non sei é a quen homenaxeaban, e é unha mágoa xa que por saber tampouco sei a data na que se fixo esta foto.
Este cine era, como se lle chamaría agora, o espazo multiusos de Ribadavia, naqueles anos da década dos vinte. Teño referencias xornalísticas de que a maioría dos espectáculos que se celebraban na vila, facíanse case sempre aquí, desde acatucións teatrais, concertos de corais, de bandas de música, e incluso como podedes ver nesta imaxen xantares de homenaxe. Non me preguntedes, que tampouco vós podo dicir era o que servía o catering.
Como non sei nada, esta foto podería servirnos de exemplo, e o que si que sei, é que no ano 1929 se serviu aquí un banquete .

Nese ano, Ribadavia e toda a comarca do Ribeiro rendiulle unha homenaxe a D. Eladio Rodríguez, que era o Presidente da Real Academia Galega, e entre os moitos actos programados, ás duas da tarde deu comenzo o banquete no cine España. As crónicas falan así do cine:
"Este se hallaba artísticamente adornado con flores y los escudos de las cuatro provincias gallegas. "La Lira" ocupaba el escenario y durante la fiesta no cesó de cosechar merecidos aplausos por su hermosa ejecución de obras, casi todas de sabor regional.
Asistieron ciento sesenta comensales que representaban todo lo que en Galicia tiene un valor definido tanto en el orden espiritual como material".
Eu non sei se esta foto se corresponde con ese día, pero podería ser. O certo é que neste cine a xente da vila pasou moitos e bós momentos. As súas paredes nós viron rir e chorar, e de seguro que máis de un namorouse no seu patio de butacas.
Non vós quero aburrir cós meus recordos, pero aí pasei momentos inesquecibles: Fantomas, quizás a primeira película que recordo acompañado do meu pai; as clases de música de D. Fidel, Dávila que era un dos empresarios do cine; os palcos eses do final , onde se sentaba sempre Dona Sofía, a nai de D. Fidel e as súas amigas, e que se enfadaban moito cando había asubíos; e as saídas do cine os domingos pola tarde, despois de ver as películas de Bruce Lee, onde toda a rapazallada facía chaves de karate .

Non sei si sabedes que unha das súas máquinas de proxección hoxe está na entrada da Facultade de Ciencias da Información en Madrid, é un cachiño da historia da vila na capital, xa que un dos fillos dun dos empresarios, concretamente o de D. Francisco García, é Catedrático nesa facultade.
Pero o que tampouco sei aínda é o que fixo o fotógrafo para sacar esta foto. ¿Subiu polos tellados?
Esta foto nopodría estar hecha en el cine que tuvo d. Jesús Sánchez delante del castillo? Pregunto.
ResponderEliminarEu personalmente non cheguei a coñecer ese cine que vostede cita, pero si asistín a moitas funcións no Cine España. A distribución da sala que se observa na foto, e sobre todo a información que teño dela, penso que non deixan lugar ás dúbidas. De tódalas maneiras, eu non o podo asegurar categoricamente, e máxime cando como lle dixen antes, non coñecín o cine de D. Xesús. Se tódolos xeitos podería ser. Penso que sería bó poder contar con algunha imaxen do interior dese cine que existiu ó lado do Castelo.
ResponderEliminar