sábado, 28 de noviembre de 2009

A rúa do Progreso

Me envía esta foto Benito Amil, e me conta que algunha das persoas que aparecen nesta foto son da familia dos Ballesteros. pero o que non me deixa moi claro é quen son en concreto.
Como saberedes esta imaxen é a mesma que unha das 20 que forman parte da colección de postais editadas a principios da década do 1910 por Hermenegildo R. Casas. Como este dato xa vós dixen que o saquei dun libro, supoño que Hermenegildo, será Rodríguez Casas, a quen na vila chamaron sempre o "Achigildo", por aquelo de facilitar a pronunciación. El foi o propietario da imprenta "El Ribadaviense", e uns anos despois sería o director do semanario do mesmo nome. As postais están impresas en Barcelona pola Fototipia Thomas, que era daquela unha das empresas especializada en facer este tipo de postais en España, xa que penso que sería inviable facelas na vila con esa calidade.
Eu aínda que tentei buscar información sobre D. Hermenegildo non atopei nada, polo que si algún de vós ten algunha información, agradeceríalle que se puxese en contacto conmigo. Sería interesante facer unha entrada adicada a este impresor e xornalista ribadaviense.
Outra cousa que noto e que esta imaxen debe de ser unha copia sacada do negativo có que se fixo a postal da colección, xa que é moito máis nítida, non está recortada, e non está feita en tonos azuis, ademais de non ter ningún texto escrito. Poño tamén a postal, e así as podedes comparar.
Moitas grazas Benito pola túa colaboración, e se nos queres aclarar algo máis, podes deixarnos algún comentario aquí abaixo, non vai a ser que eu esté metendo a pata.

2 comentarios:

  1. As árbores que observamos na foto son Robinia Psudoacacia,coñecidas como falsas acacias ou acacia branca, presenta un tronco rugoso,poden chegar a vivir un máximo duns 150 anos e non sei se todavía está, pero destas ainda quedaba unha xunto a porta do Bar Alfonso donde estaba o paso a nivel.
    O.Escudero

    ResponderEliminar
  2. a vista desta foto acordeime de algo que me contaban, e que descoñezo a sua certeza, dixeranme que mais ou menos neste tempo unha das beirarrúas era par os señotit@s, a outra para as criadas e o centro da calzada para o resto da xente. Xa digo non sei que hai de certo pero na foto onde mais xente hai en no centro da rua. Se alguién ten oido algún comentario sobre o tema, sería de agradecer que o puxera.
    F.B.

    ResponderEliminar