sábado, 19 de septiembre de 2009

Ribadavia por Conde Corbal 17

Esta é unha praza que hai ó final, abaixo, da rúa de Santiago, da cal agora mesmo non sei o seu nome. O punto de vista dende onde está feito o gravado é ese e alí ó fondo podemos ver o final da rúa de San Martiño.
Esta imaxe non sei por que faime recordar ó Leopoldo que era un garda municipal que tiña unha inmensa paciencia con todos nós cando eramos pequerrechos, e xa non tanto. Penso que a súa muller tiña unha tenda xusto ó final dos soportais da esquerda.
Como vós ía contando Leopoldo sempre se puña da nosa parte cando había conflicto co Ricardo , o cabo dos municipais, o seu xefe. El calaba e facíanos calar a nós diante do Ricardo, escoitabamos todos con atención a voz da autoridade, e cando xa estaba todo claro, e o cabo desaparecía, el nós dicia: "agora rapaces facede o que queirades".
Tiña tamén un grande sentido do humor e sempre nós andaba a contar chistes e adiviñas, que nunca eramos capaces de adiviñar.
Era unha gran persoa.
Na esquina oposta á tenda da muller do Leopoldo había outra, ¿Podería ser a da Contempla? Non sei si estaba alí xa que logo mudou para a fonte de dous caños. Era a abastecedora de fogetes e petardos de tódolos rapaces da vila.

1 comentario:

  1. O nome da praza é Garcia Boente, alí o carón da casa do millonario nacín eu, na do Pinaĺ.
    Tes razón, Julia a muller de Leopoldo, tiña unha especie de tenda onde vendía as legumes que eles mesmos sementaban e viño de colleita propia. Inda lembro cando xogabamos na Alameda ao Brilé e chegaba, o Leopoldo; " Haber esa pelota que aquí non se xoga ". Ou no castelo cos carros de madeira... mil trasnadas que faciamos e traiamos o bo do home de cabeza !
    E si, a tenda da Contenpla era alí antes de chegár ao peto das ánimas.

    ResponderEliminar