lunes, 4 de octubre de 2010

O traballo ben feito

Sonvos días de vendima e de moito traballo, pero como amosa esta foto que nos envía Juan José González Canedo, as vendimas tamén eran días de festa e de celebración polo traballo ben feito. Toda a familia e incluso os amigos botaban unha man. Senón mirade que felices están todos nesta foto, feita no mes de Setembro do ano 1962 en Francelos, dediante da adega do sogro de Canedo, do Carballal. Mirade como o celebran, elas posando cós seus moñicos de vendimadoras, e eles cós seus molidos de carexóns, e cunhas xarras de viño. Cansos, mais felices e contenos por rematar o traballo.

Como dicía sempre o meu avó cun grande sorriso cando entraba o derradeiro cangallo no pipote. "Xa esta na cuba". Máis que un sorriso era un aceno nervioso, como de de tranquilidade, como de sacarse un grande peso do lombo.



2 comentarios:

  1. El segundo por la izquierda, de blanco es el Sindo, hijo de Sindiño y de Manuelita.
    La señora vestida con una camisa de cuadros, debajo de laniña que sostiene un racimo es la Herminia, la de los dulces hebreos.

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente é a adega de Joaquín Carballal Chousal. Estaba situada ó carón da fábrica da Unión, en Francelos. O dono é o que está na fila inferior esquerda cunha xarra grande na man, ó carón del o seu fillo maior Quico. Os outros dous homes creo que pertencen ás familias do Cachorro e da Pementa.
    A muller que está sentada (2ª fila) chámase Alejandrina e a que está ó seu lado é a miña nai, Herminia, sobriña carnal do Joaquín. A nena que está enriba dela cun acio de uvas é Fina, filla do Joaquín e muller do Virulilla, e a outra nena é a súa irmá Mari Carmen.

    ResponderEliminar