lunes, 10 de octubre de 2011

A rúa do Progreso

O outro día atopei esta postal en Internet. Penso que debe de ser dos principios da década dos anos sesenta, e digo isto pola curiosa mestura de automóbiles que se ven na rúa. A maioría deles son antiguos, e non coñezo eses modelos, aínda que teño que recoñecer que son un ignorante nestas cuestións. Pero entre todos eles podemos ollar un par de Renault 4/4, un de cor azul e outro branco, que se fabricaron en Valladolid desde o ano 1953 ata o 1959, e un Seat 1500 que debe de ser o máis moderno da foto. Tamén podemos ver unha furgoneta Citroen 2CV, que se comenzou a ensamblar en España no ano 1959. Sinais inequívocas de que o progreso estaba a chegar a esta rúa do mesmo nome, e por ende á nosa vila.
Si vedes máis cousas curiosas, ou que vos chamen a atención. deixade un comentario



2 comentarios:

  1. Para axudar adata-la, paréceme ver a terraza do Kopa, si é así abriron no ano 1966.
    fjb

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que tamén van pr ahí os tiros, eses coches son moi dos anos 50,e o citroen verde do primeiro plano semella pouco menos da II Guerra Mundial!

    ResponderEliminar