Eu non sei si vós tendes a mesma sensación que teño eu, pero penso que hoxe en día non se consume tanta gaseosa como se consumía antes. Recordo que en Ribadavia sempre houbo ó longo do tempo algunha fábrica de gaseosas, e nas casas, a xente sempre tiña algunha botella ben fresquiña, quizás para alixeirar un pouco o alcol do viño, ou restarlle un pouco de acedume.
En todo caso, eu sempre lembrei os refrescantes do Xouba, os do Neira, e os do Mexicano, do que puxemos xa neste blog algunha foto da súa fábrica .
Como en Internet se atopa de todo, e tamén hai xente que colecciona de todo, hoxe traemos unhas fotos de envases de gaseosas da vila e de Francelos.
Eu nunca ouvira falar das marcas "E-V-CH", que supoño será a mesma que a do sifón "Eulogio Veloso", e a da chapa que aparece máis abaixo; nin da marca "M. Gómez".
A mágoa é non ter unha foto dalgún envase do Mexicano, para completar o lote.
Si sabedes algo máis da historia das gaseosas ribadavienses, deixade un comentario.

Uno de los envases corresponde a la fabrica de gaseosas de Manuel Gómez Juste -Rúa Yañez - Ribadavia. Principios de los años 50
ResponderEliminarEulogio Veloso Chousal, era o dono da fábrica de gaseoas e sifóns que había en Francelos. Chegou a facer tamén refrescos de laranxa e limón.... Grazas por deleitarnos por estas fermosísimas fotografías!!
ResponderEliminar