jueves, 27 de octubre de 2011

Gaiteiros

O outro día atopei esta foto na páxina web do "Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego", e ó seu pé estaba escrito o seguinte: "Gaiteiros na procesión do San Antón en Ribadavia, Ourense. Fondo fotográfico Antón Méndez Gándara.
A verdade é que a imaxe está un pouco borrosa, pero aínda así, se recoñece perfectamente a Ponte de San Francisco, xa que parece feita dende o alto das escaleiras polas que se accede á igrexa dos frades.
Supoño que a sacaron un 13 de Xuño, o que non sei é de que ano, cando a procesión viña de volta para recollerse en San Francisco, rodeada, como non ía ser doutra maneira, dos nenos con flores como segue a ser o costume.
Descoñezo quen son os gaiteiros, que nese intre van silandeiros, xa que o do bombo, e o da caixa levan os instrumentos recollidos.
Quizás algún de vós, sobre todo os do barrio, poidades dar información sobre quen é ese frade que dirixe ós monaguillos.
¿Non sería o "Padre Camilo"?, que tan bó recordo deixou na vila.


3 comentarios:

  1. Si vos fixades nas barandillas son diferentes as que hai na foto do 18/04/2010, que está datada no 35.

    ResponderEliminar
  2. Nunha das postais publicada o 8 Nov-2010(http://maquians.blogspot.com/2010/11/ponte-de-san-francisco.html), que data de principios de século, penso que aparece a mesma barandilla.
    Quizás teñas razón, e sexa anterior a ese ano.

    ResponderEliminar
  3. Unha de san FRancisco "de toda la vida" o único que pode aportar é que a barandilla que vemos na foto xa existía cando a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson fixo a súa reportaxe na Vila en xullo de 1925.Fotos que hoxe están expostas en Ourense na aula de Caixa Galicia na praza Maior.Saludos para Julio.

    ResponderEliminar