martes, 8 de septiembre de 2009

A banca Nogueira

Un dos edificios máis emblemáticos da vila é este da Banca Nogueira, que dispón dunha fachada feita en pedra labrada dun estilo ecléctico característico dos principios do século XX en moitas vilas e capitais de Galicia.
Non sei exactamente cando se comenzou a levantar esta construcción, nin baixo a dirección de que arquitecto, pero como podedes ver, nesta foto os traballos aínda ían polo primeiro piso. Espero os vosos comentarios, a ver se entre todos somos quen de poñerlle unha data a esta foto.
Coma sempre, teño que agradecerlle ó Museo Etnolóxico a cesión da foto, donada a esta institución por Pili Núñez.



1 comentario:

  1. Vivín moitos anos no 2º andar , pero non teño nin idea da data na que comezou a construción. Alguén contoume que os canteiros que alí traballaban, debido os calores do verán na vila, traballaban po-la noite e cando esta persoa ía a cama durmíase co tintineo dos ciceles e martelos. Preguntarei pola data en que se construíu.

    ResponderEliminar