domingo, 6 de septiembre de 2009

O tío Benito

Esta é a foto de D. Benito Gallego Montero. Por si a alguén non lle soa, vós direi que foi o último Alcalde democrático da nosa vila antes da chegada da Dictadura de Franco. No ano 36 foi detido, e posteriormente no 37 executado. Lembraredes que fai pouco se lle fixo unha homenaxe en Ourense xunto con outros alcaldes represaliados da provincia.

Quizais a algún de vós o título desta entrada vós estrañe, pero ten a súa razón de ser. O tío Benito era o tío da avoa de Paula Bouzas. E Paula Bouzas é unha xoven e flamante Licenciada en Xornalismo, veciña nosa, que tivo a deferencia de enviarme un fermoso artigo sobre D. Benito Gallego. Nel podemos achegarnos á súa personalidade, e coñecer un pouco máis a historia da nosa vila.

Non volo perdades, leedeo con calma, é moi fermoso. Só tedes que pinchar aquí para velo ou descargalo en formato pdf.

Antes de rematar quero darlle as grazas a Paula por permitirme publicalo, e á súa tia Mª Jose por poñerme en contacto con ela. Grazas ás dúas.

4 comentarios:

  1. Precioso y emotivo, Felicito a Paula Bouzas por su relato del tío Benito. Y a tí por conseguirlo.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti Julio por publicalo no teu blog.

    Tamén dicir que me enche de honra ser sobriña neta de Benito Gallego Montero.A miña sobriña Paula, mándolle un bico por tan fermoso relato, sempre me emociono cando o leo de novo.

    ResponderEliminar
  3. Paula Bouzas non te coñezo pero GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias a vós e a todos os que vos interesástedes por este tema. Oxalá se poidan coñecer máis sobre as inxustizas que se cometeron e que non se perdan na Historia.

    ResponderEliminar