jueves, 12 de noviembre de 2009

A barcaza da Barca

Esta foto é histórica, penso que é única, polo menos polo que sei eu. Supoño que cada un ten a súa teima, e quizás a min se me vexa un pouco o plumeiro con esto do monte, dos ríos, da caza e da pesca, e por certo que pouquiñas fotos de caza e de cazadores temos.
Ó que ía, puxen moitas fotos da Barca, pero é a primeira vez que vexo esta barcaza. É máis, eu aínda me lembro de cruzar o río cós barqueiros e con meu avó para ir a cazar polas costas da Carixa e a Reza, e de alquilar algunha vez as barcas con outros rapaces para dar unha volta, pero nunca vira este artefacto diseñado para o transporte das caballerías e carruaxes. Si vira fotos semellantes pero noutros ríos.
A foto como podedes ver está sacada dende o lado da Arnoia xa que ó fondo vese o Val de Francelos, e non sei en que ano estará feita. Tampouco coñezo a ninguén dos que nela saen.
Tecnicamente e de salientar que esta embarcación era moi grande, eu lle calculo así como uns 10 m. de eslora e 4 de manga. Debería de ser moi estable, dadas as súas dimensión xa que o estar feita para un uso exclusivamente fluvial se lle supón que é de fondo plano. Ó non ter nin proa nin popa a súa maniobravilidade está garantida, xa que os toletes dos remos están situados en extremos opostos, é dicir: un na suposta aleta de babor, e outro na suposta amura de estribor. A extremada lonxitude dos remos facía que tivesen que compensalos dalgún xeito, e a solución ven dada pola colocación duns pesos de pedra en cada un para así poder movelos aplicando pouca forza.
Outra das cousas que me chama a atención é que parece pola foto, que posue unha rampa levadiza feita de madeira e rematada por un tronco para abrir ou pechar a proa, e que sería utilizada cando fose necesario para embarcar ou desembarcar as carruaxes.
Non vós canso máis, pero esta foto a considero unha pequena peza de museo. É unha parte da nosa historia e da tecnoloxía que facía posible con poucos medios solucionar grandes problemas.





3 comentarios:

  1. Pois sí, o meu pai e a miña nai soen contarme que había barcas para persoas e barcas para os carros dos bois, que debían ser como ésa da foto. E tamén o xeito curioso que tiñan no inverno (co río alto) de cruzar o miño: subían ate a altura da ponte da Barca (non habia ponte, claro) pola beiriña, e logo deixabanse levar pola corrente e ían en diagonal, ate chegar ó embarcadoiro... Tan lóxico e tan sinxelo...

    Gústame moito éste blogue!

    ResponderEliminar
  2. Si non vexo mal, creo que os da foto son os barqueiros Antonia e Antonio, de quenes e filla Manolita, que tuvo unh perruqería enriba da ferretería dos Freijido, no cruce da estrada de Carballiño.
    Ánimo e a seguir mostrado a intrahistoria do noso povo.

    ResponderEliminar
  3. Los barqueros son Ramón Estévez Gil e Rita Casanovas Candedo, pais de Manolita quen tivo a perruquería enriba da ferreteria dos Freijido.Antonia foi outra barqueira que non está nesta foto.

    ResponderEliminar