domingo, 15 de noviembre de 2009

Os entroidos do Dr. Kembur

Hoxe poño dúas xoias que nós envía Óscar Escudero, e aínda que non é o meu costume poñer as fotos de dous en dous, xa que hai que aforrar a munición para cando as cousa veñan mal dadas, hoxe fago unha excepción porque penso que a ocasión o merece.
Como podedes ver trátase de fotos de grupos de entroido nos que aparece o pai de Óscar, Benito Escudero. Na primeira,el está sentado á dereita cunha grande paxarela, e provisto dun maletín de médico que leva rotulado o nome do Dr. Kembur. Esta foi a primeira foto que recibín, e problema é que non sabiamos quen era ese tal doctor.
Tempo despois Óscar me envía outra foto, que non sei si será do mesmo ano, nun día distinto, e con outros disfraces, ou pertencerá a un entroido doutro ano. Eu persoalmente penso que as dúas fotos son de anos distintos, xa que na primeira se lles vé moito máis xóvenes.
As dúas teñen en común a apareción do mesmo maletín. Pero sigue habendo un problema, esta vez o maletín non sae enteiro na foto e ten máis letras polo que o doctor, en vez de Kembur podería chamarse tranquilamente Jakembur ou calqueira outra palabra que poidamos imaxinar.
Non sei, eu xa lle din moitas voltas, probei en Internet a buscar moitas combinacións e nada.
Os dous da esquerda da primeira foto me teñen unha cara moi coñecida, pero non me aventuro a dar os nomes, mentres que na segunda recoñezo no centro a un moi xoven Toñito Chao.
Deixo todo nas vosas mans, o problema do maletín, o nome dos fotografiados e a datación desta dúas imaxes.



3 comentarios:

  1. En la primera foto de pie por la izquierda Manolito Garcia. En la 2ª sentados Toñito Chao y Monolito Garcia.Probablemente el nombre del maletín tenga que ver con el persobaje de alguna película de la época.

    ResponderEliminar
  2. FLORAVIA DIXO:
    "Na segunda foto o que está detras de Manolito García si non me trabuco, é Carmelo,
    o que está a caron de Benito e Pepe o seu irman.
    Na primeira o que está a esquerda e Alejandrino Fernandez".
    Debín de cometer un erro, e eliminei sen querer este comentario. Floravia tesme que perdoar.
    Maquiáns

    ResponderEliminar