domingo, 7 de febrero de 2010

A conferencia de Otero Pedrayo

Outra vez traio a estas páxinas fotos de D. Ramón, de cando deu unha conferencia no "Club Artístico", e da que seguimos sin saber a data.
Como podedes ver o cheo era total, a sala estaba ateigada de espectadores. Os que non entraron tiveron que conformarse con escoitar a charla de pé e de portas a fóra, coma nos amosa esta primeira foto grazas a un espectacular picado.
Na segunda foto vemos a D. Ramón recibindo as felicitacións da concurrencia.
Aínda que non ten nada que ver co asunto da conferencia vouvos chamar a atención sobre as portas e as cristaleiras que había antano no Club, eu case non me lembro de nada diso, e tampouco son capaz de situar este salón.
As fotos supoño que serían feitas por Foto Chao, e pertencen á colección de Matilde Chao.




Otero Pedrayo en Ribadavia

Otero Pedrayo Ribadavia

1 comentario:

  1. La puerta con sus cristaleras con un ligero aire "modernista" está reutilizada en el actual edificio el Club, es la que desde la planta baja( la zona de la cafetería) comunica con las escaleras.Saludos para Julio.

    ResponderEliminar