Esta foto é moi curiosa xa que a algún lle resultará coñecida. No libro "Álbums para o reencontro" Ribadavia e os ribadavienses IV aparece unha fotografía moi similar na páxina 133, doada por Secundino Pousa.
A curiosidade do tema ven dado porque case todo coincide entre esta fotos e a outra, e me explico, debía de haber colas diante da tenda de Foto Chao nestes días de Entroido para fotografiarense os rapaces, e irían entrando, e se colocarían en grupos para facer as fotos por amizade ou por afinidade, supoño eu.
O escenario e o telón son os mesmos, o único que cambian son os protagonistas, aínda que tres desas rapaciñas son comúns ás dúas fotos, eso si cambiadas de sitio e de pose.

Eu coñezo a Pitusa Freijido que é a que leva un chapeu branco e que supoño que vai disfrazada de cowboy, e a Charo Davila de pe á esquerda cun disfraz de bailarina de ballet.
A foto como ben di o libro debe de situarse na década de 1940.![Entroido Foto Chao Ribadavia](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiA8d0gNkRZS5ljfIzCLT4zQ4_HFXNRj2vvlQops3m_Gp03lkHYH-avBkBoTeAHa0U5NmMk8klSP2WHJvOI6cjQyVntkVw5vnop3PTJKHc7kWRWz8QoTsTjM-KSz93KRxUzH9h6I-1AAfxF/s400/isa8+r.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario