lunes, 22 de febrero de 2010

O Castelo por Ksado

Fai un tempo, concretamente o 17 de Outubro (Que ben funciona, e que útil é o buscador do blog) falei de que tiña no meu poder o álbum "Estampas de Galicia" de Ksado, e a verdade me esquecín totalmente del e dos seus cromos. Un erro imperdonable por non rematar a serie da semán pasada de fotos da fachada do noso Castelo con esta que aparece nese álbum.
Luis Casado editou esta colección de fotos no ano 1936, polo que esta foto debe de ser coetánea da postal que vos puxen de Loty, anos arriba ou abaixo.
Tódolos cromos son en ton sepia, e penso eu, que a impresión é de baixa calidade, si a eso unimos que todos están pegados ó libro, é dicir que foron humedecidos con algún tipo de cola ou pegamento, e o gran formato da publicación, fai que o escaneo sexa complicado. Ás veces aparecen unhas manchiñas azuis que non fun capaz de sacar e que son debidas ás enrrugas dos cromos.
A foto en si non ten maior historia, apreciase o mesmo que na anterior, pero polo menos que sirva para comenzar a ver as fotos deste álbum, que levan todas un pequeno logotipo incrustado coa súa marca. Nesta podédelo ver abaixo á dereita, xusto no aleiro do tellado dunha casa.
Se queredes saber algo máis de Ksado premede aquí.


Castillo Ribadavia Ksado

No hay comentarios:

Publicar un comentario