Estas dúas fotos non deben de ser tan antigas, e a pesares do seu estado, podemos recoñecer a moita xente de Ribadavia que poderían contarnos a historia que hai detrás.
Pertencen á colección de Matide Chao, e na primeira intúese como unha certa tensión, se vos fixades, vense caras serias, expectantes. Todos eles están pendentes dunha conversa. Miran cara o centro da imaxe, onde dous homes falan. Dun, do que está no centro, con chaqueta escura e garabata descoñezo a identidade. O outro, o seu interlocutor é Javier de Burgos.
Á maioría deles os coñezo, aínda que é moi dificultoso para min poñerlle nomes e apelidos.
Na segunda das fotos o panorama cambia radicalmente, e todos eles, xa que moitos non saían na foto anterior, fotografíanse xuntos e con facianas sonrintes, e incluso diría eu triunfais, coma si acadaran algo moi importante, algo có que minutos antes non contaban.
Espero que algún de vós nós faga o favor de aclarar este misterio. Preguntádelle a alguén dos que saen nestas fotos, e que volo conte.

![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjS083BHKbuylBQfSHny2nQwUp5jX1Wphd8mtk9pAWTyXsUjaJXG_kzASh0S2IxGQewp0CErgy-0OXhPrGQDehcrqDU6DK1y3ejfi5ZxFuxtjP6IZaleUXnA45Ae6zEcMDdr56KIc2fp3Um/s400/grupo+jav+burgos+1+r.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgh3Q3wnRQ2nIWLjeGgQA8hAaJyfIJdax83jB-MA6tDCVENXWrS3DmDvzw7jnpOMxlX7-jK1OUiPTPKdarSOaFQIL6Maefako-R2S7CrrLG_JHKNNwOlJG4c-6oC3NeSGit0CRuLp3Mc164/s400/grupo+jav+burgos+r.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario