miércoles, 3 de febrero de 2010

Outra foto na horta dos Ballesteros

Outra das fotos que ten a ben enviarme Mª José Bouzas, e que como vos podedes imaxinar é moi antiga. Esta tamén está sacada como outra das que puxen fai tempo, na horta da familia Ballesteros, que como xa sabedes se atopa perto da Porta Nova, por baixo do camiño que vai ó Campo da Feira.
A data que se lle podería poñer ven dada polas persoas que somos capaces de coñecer, e eu só coñezo ó avó de Mª José, a Pepe "O da Botica" que está vestido con traxe e garabata, de pé moi serio, case na última fila, xusto á dereita dalguén que situado de perfil lle intenta falar.
Outro dos detalles que poden axudar a datar as fotos é a vestimenta, e diso saben moito máis as nosas lectoras, pero eu arriscaríame a situala na década de 1920.
Outra das cousas que non son capaz de asegurar e si se trata da celebración dunha voda. Se fose así ¿Quen son os noivos?. Xa sabedes que daquela só nas familias moi poderosas a noiva ía de branco.
Espero os vosos comentarios.






3 comentarios:

  1. La chica situada en el centro "geográfico" de la fotografía en la parte superior de la U y de la I es Maruja Pérez, la propietaria de la finca, quien se casaría con Miguel Ballesteros; la "encerrada " en la letra Q es Mercedes Vidal, la que sería esposa del médico Veleiro y madre de Tuco y Piro.El chico recostado en primer plano me parece Ramón Freijido pero no estoy segura.Coincido por las ropas, con la cronología de los años veinte.SAludos para Julio.

    ResponderEliminar
  2. Creo que con ésta foto hay un problema porque no soy capaz de abrirla. Si fuera posible que la volvieras a colgar para poder verla con precisión porque me parece muy buena foto y podríamos( quizás) reconocer a más gente. Gracias de antemano.

    ResponderEliminar
  3. Gracias por decirlo, a veces esto falla y me despisto. Pienso que ya está arreglado.

    ResponderEliminar