viernes, 11 de diciembre de 2009

Catequeses Antoniana

Outra fotografía multitudinaria, na que algúns se recoñecerán, e na que tamén poderedes recoñecer a moitos veciños.
Segundo o informe do Museo foi nos anos corenta, pero perdoade que o poña en dúbida, xa que sei por outras fotos a data de nacemento dalgunha das señoritas que aparecen na foto . Non vós preocupedes que non as penso dicir, que un aínda sebe gardar un segredo, pero en base a iso, eu diría máis ben que que é da década de 1950.
Podemos ver a Celsina Sánchez, Marisa Chao, Marujita Casas, Olga Escudero, Adela Peña e Olga Amil, que supoño que farían de catequistas.
De entre os nenos, eu xa me perdo, pero seguro que vós atoparedes caras moi familiares.
A foto como podedes ver esta sacada nas escaleiras de San Francisco, con motivo da celebración dunha Catequeses Antoniana.




2 comentarios:

  1. A verba correcta en galego é catequesis(e non catAquesis) pois deriva de catecismo. Coido que pola difusión que ten esta páxina compría correxila.Gracias.Saúdos para Julio.

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente a verba deriva de catecismo pero en galego é catEquese (e non catequesis como en castelán) pero penso tamén que é moi interesante esta participación inter activa en prol da nosa lingua.Saúdos tamén para Julio.

    ResponderEliminar