Penso que se chamaba Inocencio( como podedes ver subsanei o meu erro, grazas), pero todos lle chamaban Morito, e eu xa non me lembro moi ben del, non sei de onde saíu, nin cando e como chegou a Ribadavia. Polo que sei andivo moito tempo pola nosa vila, vivía na Oliveira, e alí foi onde o atoparon morto. O ano da súa mortetampouco vola podo dicir xa que non o sei.
Esta foto é propiedade de Francisco Bouzas, que me conta que o Morito andaba moito polo Evencio. Si vedes un dos libros do Museo, nunha das fotos aparece alí, limpandose as botas. Pois Quico, o pai de Francisco, tiña daquela a droguería xusto ó lado dese bar, e como levaba a corresponsalía do xornal "La Región" de Ourense na vila, ás veces sacaba a súa Olivetti á terraza, e alí, derriba dunha das mesas escribía as crónicas. Debeu de ser nun deses momentos, no que a mesa quedou baleira e coa máquina derriba, cando O Morito púxose a escribir, e como podedes apreciar, con moito estilo. Fixádevos que ata escribía, ou facía que escribía, como me di Francisco, có xaruto nas mans. Todo un profesional.

O nome era Inocencio, e dedicabase un pouco a todo, iba ós recados, traía serrín pra botar os bares no chan e logo barrer, iba buscar paquetes ó Auto Industrial. En fin, foi un dos perxonases, que como o Maximino, o Pepiño de Merens, o Felisindo "O Rei do Mundo", o Camilo, o Brochas, o Javier de Quins, ...., fixeron e fan que Ribadavia sexa un povo diferente.
ResponderEliminarFB
Efectivamente "El Morito" se llamaba Inocencio y según mis noticias era oriundo de La Cañiza, pero estaba en ese censo de personajes singulares transeutes/residentes que se quedaron na Vila. No sé si recordareís al médico Antonio Bello,que vivía junto el paso a nivel, su señora, Maruxa Filgueira en un recital de sus poesías que a comienzos de los setenta hizo en el Colegio de Médicos de Orense figuraba una de su autoría dedicada al célebre "Morito".Saludos para Julio.
ResponderEliminar