jueves, 3 de diciembre de 2009

¿É un aperitivo ou unha merenda?

O título que lle pusen a esta multitudinaria foto é porque non sei a ciencia certa a conto de qué se fixo esta xuntanza. Moita pitanza derriba das mesas non hai, de noite non é, polo que só pode ser un aperitivo ou unha merenda.
A min ma mandaron dicindo que podería estar feita nunhas Feiras do Viño, e pode ser, si. Pero si a observades con calma veredes que o rapaz que está agachado no centro e en primeiro plano sostén, e mostra á cámara, un bandeirín có escudo de Ribadavia, polo que penso que ten que ver moito có fútbol.
Facer unha lista da cantidade de rapaces que saen na foto, sería encher esta entrada de letras e letras, polo que penso que o mellor será que a disfrutedes, e que cada un si se anima, vaia deixando os seus comentarios enbaixo.
E como moitos dos que están na foto son coñecidos vosos e de seguro que vós cruzades con eles, facédeme o favor de preguntarlles o motivo desta reunión, o sitio e a fecha.
¡E xa me esquencía! ¿Si foi un aperitivo, unha merenda ou metín eu a pata ata o fondo?





4 comentarios:

  1. El lugar parece el Papuxa. Hummm, estan con manga corta y algunos con traje, también parece que estan morenos. Yo diria que por las guirnaldas podria ser en unas fistas del Portal, celebrando algún partido.

    ResponderEliminar
  2. O banquete tería algo que ver co futbol local, xa que están Hermida e Pepe de Trasariz, entrenadores de maiores e Xuvenís, Julio do banco e Pepiño Bravo, foron de moitas directivas, e a maioria dos compoñentes desde Juan Fermín, hasta o Rubio e o Tuselo, pasando por Bangueses, Aladino,... eran xogadores do Ribadavia Atl., en canto a data, se vos fixades na parra ten as uvas grandes, polo que so pode ser entre mediados de Agosto e Setembro.
    FB

    ResponderEliminar
  3. De esqueda a dereita empezando pola fila de arriba: Bangueses da Arnoia, Juanín de Ourense, Ángel de Ribadavia; seguinte fila: un de Leiro, Manolo Pinal, Iribertegui, Quinín, o Tuxelo de Quins, un de Francelos; seguinte fila: Pepe de Trasariz, Luciano de San Cristóbal, un que non lembro, un de Ribadavia, outro de Ribadavia, Carlos de Xinzo de Limia, Piollo, non lembro o nome, tampouco lembro o nome, Miriam, o Rubio de Quins, un de Ribadavia, Juan Fermín, non lembro o nome, Cesarito, Aladino; e derradeira fila: non lembro o nome, un de Ourense, Hermida, Pepe Casasnovas, Jorrión, Julio o banqueiro e Santa María da Arnoia.

    ResponderEliminar
  4. O que está ó lado do Tuxelo, sí é de Francelos. Chámase Manolo, o Nolis. E o que está na fila dabaixo, por detrás, soio se ve a cabeza, chamábase Antonio, tamén de Francelos

    ResponderEliminar