O xoven alcalde deses anos D. Emilio Gómez comenza a tantear ás forzas vivas, pero cada un ten a súa idea. De entrada moitos empresarios ofrecen cartos, aínda que algúns cando a cousa definitivamente se pon seria, bótanse para atrás segundo o alcalde.
Barállanse dúas zonas "O Xestal" e "O Cruceiro" que debe de ser pola estrada de Francelos, e algún outro sitio debido a pequenos localismos. Cada veciño tira para o barrio onde ten a súa vivenda ou o seu negocio, algúns ofertan terreos, evidentemente a cambio dun xustiprezo, outros ofertan donativos, e a verdade é que a cousa vaise liando de tal maneira que ata o Gobernador Civil toma cartas no asunto e fai un doativo de 50.000 pts. como xa vós contei o outro día, que lle dará o pulo definitivo a esta obra.
Como as opinións son moi variadas, e aparecen moitos nomes coñecidos, o mellor será que vos suba os articulos relacionados con este tema a un pdf, nalgunha entrada próxima.
O que non sei de verdade e si esta primeira construcción se corresponde coa do Xestal, xa que esta foto é do ano 1953, o nome do equipo non o sei, e este campo de fútbol non é o Xestal, parece na estrada de Francelos, pero algúns destes veciños seranvos moi familiares.
Eu que recoñeza de pé están O Che, Javier Meruéndano e Antonio Álvarez, e agachados Manuel Lage, e Celso Lorenzo.
Moitas grazas a Mari Cármen López por cederme a foto.Eu que recoñeza de pé están O Che, Javier Meruéndano e Antonio Álvarez, e agachados Manuel Lage, e Celso Lorenzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario