Naquela época na que non había tantos entretenementos como hai agora, unha forma de matar as tardes estivais eran os paseos, que moitas veces ían rematar ó Porto da Barca. Non vós imaxinades a cantidade de fotos que hai dos anos corenta e cincuenta dese lugar, o que significa que era un dos máis concurridos para o esparcemento dos nosos veciños.
Alí era onde os barqueiros alugaban a quen quixera algunha das súas lanchas para que a xente, nesas tardes mainas do verán se refrescase un pouco á beira do río, e dera un pequeno paseo vogando polas mansas augas do Miño.
Como ocorre moitas veces non sei en que ano está sacada a foto, e tampouco sei quen son os compoñentes desta tripulación tan elegante e que posa así de simpática. A ver se vós me podedes dicir algo.

OLa! moi bon blogue,
ResponderEliminarEu creo que a imaxe dos anos 60 non sube, as garabatas que levaqn eles son moi dos anos 50, así tan estreitas e escruras, e os tocados que levan elas lémbranme aos da cantante CArmen Miranda(salvando a distancias) moi dos 50 tamén, a barca usada non é das tradicionais(que lles chamaban os portugueses "Artesas galegas" polo seu parecido coas artesas claroestá) de feotop ten grabada na popa "empresa ...inintilioxible"