O xornal compostelano "Diario de Galicia" do día 23 de Decembro de 1913 falanos de que o inspector de Sanidade veu a Ribadavia, e confirmou unha epidemia de tifus na vila. Aínda que pensa que a enfermidade está moi circunscrita e controlada.
As causantes da epidemia foron dúas fontes contaminadas, que xa se clausuraron. E aínda que só se rexistrou una defunción e hai seis enfemos leves. Parece ser que se enviaron á vila vacinas e mediciñas para poder rematar coa infección.
O que non sei, e o xornal non o dí, é cales eran as fontes que estaban contaminadas na vila, pero aproveito para poñer esta foto da Fonte da Plata do ano 1966, que como podedes ver estaba en obras.
E tanto falar do tifus e da medicina, e mirade por onde, o que atopei na revista "Iberia Médica". No seu número do 30 de Maio de 1858 aparece publicada a convocatoria dunha plaza de Médico- Cirurxán para a vila de Ribadavia. No anuncio ponse en coñecemento dos aspirantes que opten á praza cales serán os deberes do seu cargo, e entre eles podemos citar:
Atender sen cobrar ós enfermos das parroquias de Franqueirán, Francelos e Maquiáns. Non poderá cobrar nin en cartos nin en especie. Fixar a residencia na vila, e atender ós presos, así coma ós enfermos do "Hospital Nuestra Señora de los Angeles". A remuneración sería de 4500 reales anuales, pagados polo Concello a trimestres vencidos . Eu non sei si eso eran moitos ou poucos cartos a mediados do S XIX, e si daba para vivir.

O mellor é que o vexades vós mesmos neste enlace, pinchando aquí.
Encantame iste blog!! non é porque sexa o nome do meu barrio o que o preside senón a miña paixón pola historia. Chamoume a atención o artigo da iberia medica, cómo o encontraches?
ResponderEliminarHola Alba:
ResponderEliminarAtopeino buscando a palabra Ribadavia en Google libros.
Un saúdo.
maquiáns