viernes, 18 de diciembre de 2009

Novo alcalde

Esta fotografía debe de ter unha boa historia detrás, pero como non a coñezo, non vola podo contar. Supoño que debeu de sacarse nalgunha celebración ou nalgunha visita de alguén importante á nosa vila, cara a década dos 50.
Podería ser por exemplo dun sábado do mes de Marzo do ano 1951 no que apareceu pola nosa vila o Gobernador Civil de Ourense D. Vicente Muñoz Calero e fíxolle entrega ó noso alcalde dun cheque de 50.000 pts para que iniciase a construcción dun campo de fútbol, cousa que traía de cabeza a D. Emilio, e a moita máis xente, como vós contarei algún día destes noutra entrada.

Eu na foto vexo no centro ó protagonista desta entrada, o que daquela era o xoven alcalde de Ribadavia, Emilio Gómez Casasnovas saudando coa man en alto. Tamén están por aí o xuíz Troncoso Facorro, e Francisco García Deive, que colleu a corresponsalía do xornal "La Región" en Xuño do ano 1951. Me parece ver tamén a José Domínguez, e penso que de espaldas está Javier de Burgos. Seguro que vós coñeceredes a máis xente e nós diredes algo.





2 comentarios:

  1. El corresponsal de La Región era en aquel entonces Francisco García Márquez (Deive es el segundo apellido de su padre) a quien por cierto no encuentro en la foto, como tampoco a José Domínguez ni a Javier de Burgos.SAludos

    ResponderEliminar
  2. Detrás do home do traxe claro, que se inclina cara adiante para saudar, están Fco. García á esquerda, e José Domínguez á dereita, xusto diante dunha rapaza de traxe estampado. Ou polo menos eso me pareceu a min. Ó igual que me parece que é Javier de Burgos o home de traxe escuro que está de perfil en primeiro plano.
    Pode ser que non sexa así, e que esté trabucado,como no apelido de Francisco García, polo que vós pido disculpas.

    ResponderEliminar