Xa puxen outra foto de Roberto e das súas pescatas no blog, enviada aquela polo noso amigo Rafa dende "Ourense no tempo", xa que é alí, en Ourense, é onde reside este ribadaviense tan bó pescador. Pero hoxe vou a tratar de darlle unha alegría con esta foto que ten unha procedencia distinta. Ó mellor xa a coñece ou incluso a ten.
A foto está sacada na rúa Progreso, calcúlolle que á altura do Kopa Club, e mirade a espectación que levanta coas súas capturas.
El está no centro cunha pucha branca e botas, recen chegado do río, rodeado por dúas belezas da vila, que sosteñen a pesca, e se mostran encantadas de posar para o fotógrafo. Penso que Chon é a da esquerda, e a filla de Orosa a da dereita. Dos demais non vós podo dicir os nomes porque non os sei, a pesares de teren caras moi coñecidas.
A foto e posible que se fixera a finais da década do 1950, e como podedes ver polo selo que ten debaixo a fixo Foto Chao.
O que está entre Chon e Alberto, é Julio Rivera (Sastrería Rivera)
ResponderEliminarPolo estilo de roupa e a edade que representan os retratados eu dataría a foto a finais dos anos 60
ResponderEliminar