sábado, 12 de junio de 2010

As homenaxes de ADEMAR

Como vos dixen onte, traio hoxe a esta ventá un par de artigos do xornal "La Región" de Ourense, que como podedes ver datan do 7 de Septembro do ano1955, e do 5 do mesmo mes, pero do ano seguinte, é dicir do 1956.
En ámbolos dous se fala das sendas homenaxes feitas por ADEMAR, que xa sabedes que era a Asociación dos Antigos Alumnos dos Irmáns Maristas de Ribadavia, aos maristas que traballaron durante anos na educación dos nenos da nosa vila.

ADEMAR foi unha asociación que tivo unha época de moita actividade, que debeu de coincidir con estes anos, aínda que cara á década dos sesenta a súa actividade foi esmorecendo.

Espero que podades ler comodamente estes recortes. En todo caso, si tendes dificultades podedes descargalos e visionalos con algún programa de tratamento de imaxes. Que os disfrutedes.

2 comentarios:

  1. No consigo leer el artículo pero me imagino que es el homenaje que se le hizo al hermano Leopoldo, el primer director del colegio, en septiembre de 1956.Ademar se constituyó como asociación el 3 de mayo de ese mismo año y mientras estuvo en activo fue la encargada de la ofrenda floral en la tumba del mecenas ribadaviense Martínez Vázquez,quien legó a Ribadavia el edificio de La Fundación, hoy sede del museo, donde estuvo el colegio de los maristas y donde empezó el instituto de Ribadavia que comenzó su andadura con ese nombre.Durante mucho tiempo fue el amigo Pepito Puga Alonso quien puso las flores en la tumba de Mnez. Vázquez,hoy es la Asociación de Amigos del Museo quien cuida de su tumba.

    ResponderEliminar
  2. Xa podes ver a foto en grande, xa solucionei o problema.
    De tódolos xeitos, si pinchas sobre a foto, esta tense que ampliar nunha pantalla independente. Chegados a ese punto, preme sobre ela co botón dereito do rato, e escolle a opción "guardar imagen como...".
    Dille onde a queres gardar e xa a tes no teu ordenador, e a podes visionar con calqueira programa que a poida ampliar.
    Un saudo .
    Maquiáns

    ResponderEliminar