Mirade que traballo máis bó e tan minucioso nos envía Antonio Canitrot Gómez, da voda de Jesús Vázquez González "Requinto" con Asunción Gómez Juste "Palota" que se celebrou o 7 de Abril de 1921, e da que xa puxemos outra foto moi parecida aquí fai uns meses.
O mellor, para non liar as cousas, e que si queredes ver a outra foto premades aquí, e así as poderedes comparar en dúas pantallas distintas.
Na que puxemos no mes de Novembro, a rapaza que leva o número 6 moveuse e saía irrecoñecible na foto, mentres que nesta mira fixamente, supoño eu, para o seu noivo, ó igual que fai el con ela, botando por terra tódalas normas dos posados fotográficos que nós coñecemos, como o de mirar para o paxariño ou dicir o de pa-ta-ta.
Pero non quero desviar a atención da fermosa labor que fixo Antonio, que como vedes tivo a paciencia de numerar ós protagonistas desta voda e tratar de identificalos un a un.
A lista que fixo é esta , e si vós ou os vosos familiares recoñecen a alguén máis, non deixedes de enviar algún comentario.

1 - Abdón Gómez Dávila
9 - Secundino Gómez Davila (Pai da noiva)
11- Alfonso Vázquez González (Irmán do noivo)
12- ¿Carmen Gómez Juste?
13- A Morena
15- Luisa Gómez Juste16-Elisa Gómez Juste (Nai de Antonio, o dono da foto)
18-Ramona Fariña Juste
24- Juana Gallego, esposa de "Pepe o da Botica"
25-Pepe "o da Botica"
27-Pilar Touza Gómez (madriña e esposa de Amancio Juste Pérez)
28- Asunción Gómez Juste (Noiva)
29- Jesús Vázquez Gonzalez (Noivo)
30-Amancio Juste Pérez (padriño e esposo de Pilar Touza Gómez)
37- Benita Gómez Juste
38- Secundino Gómez Juste
39-Secundino Fariña Juste -"Machaco"
Unha foto moi bonita pero hai dous personaxes co número 29,(o noivo e máis o Machaco) Compre aclaralo. Gracias.
ResponderEliminarError mecanográfico. El 39 es "Machaco"
ResponderEliminarA moza co nº 24 é Juana Gallego esposa de Pepe o da Botica, a nº 13 é a Morena.
ResponderEliminarGrazas pola vosa axuda, estaba fóra da casa, pero xa corrixín os erros e incorporei as novas identidades.
ResponderEliminarPerdón e grazas.