Este é outro dos cromos do álbum de Ksado "Estampas de Galicia", que ten moito que ver coa nosa bisbarra. A dúbida me asalta á hora de fixar con exactitude a localización da foto, xa que a fisonomía do río Miño mudou moitísimo despois da construcción do encoro de Castrelo, e eu non fun capaz de gravar na miña retina a paisaxe anterior debido a idade que tiña daquela.
Esperarei a que algún de vós, máis afeito a ver o Miño como era antes, nos diga onde pode estar feita esta foto. Eu xa aventurei no título da entrada un escenario. ¿Podería estar sacada dende Ventosela, e o que se ve ó fondo podería ser a parte baixa das Chavolas, e a Illa?
Espero as vosas opinións. Como vedes estou bastante perdido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario